Friday 03 de May de 2024

Marta Ojea presenta o seu debut literario na Pobra


O confinamento polo coronavirus deu como resultado o libro Telegramas en cuarentena, co cal Marta Ojea debuta no mundo literario. A presentación efectuarase no 17 de xuño, ás 20.30 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal.

Organizado pola Concellaría da Cultura, coa colaboración da Escola de Música da Pobra, o acto contará coa participación da propia autora; da edil da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE); e da súa homóloga da Igualdade, Charo Varela (Nós Pobra).

A obra é o reflexo do día a día da escritora no transcurso dos meses de confinamento pola pandemia derivada da COVID-19; un momento no que moitas persoas se pararon a reflexionar e mirar ao seu interior.

A entrada é libre ata completa-la cabida.